Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA REUNIUSE CON PERSOAL DA DIRECTIVA DA ASOCIACIÓN MULLERES ÁRTABRAS
Marián Ferreiro estivo acompañada pola edil de Promoción Económica, Olga Ameneiro
Narón, 4 de febreiro de 2025. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e a concelleira de Promoción Económica, Olga Ameneiro, reuníronse con Marga Carballo, Esperanza Vázquez e Sabela Docampo, presidenta, secretaria e vogal, respectivamente, da asociación de emprendedoras de Ferrolterra Mulleres Ártabras. Dende o colectivo explicaron as accións que levarán a cabo ao longo deste ano, ofrecéndose dende o Consistorio posibles vías de colaboración nalgunha delas. Así mesmo, dende o Concello informóuselles das funcións da Escola de Participación Cidadá de Narón, plenamente operativa e dende a que poden acceder a asesoramento de balde en determinadas áreas no caso de que o estimen oportuno. Ferreiro destacou o traballo de Mulleres Ártabras “un colectivo integrado por medio cento de mulleres que despois de moitos meses de traballo unía formalmente as súas forzas no ano 2023 para constituír a entidade, que está a piques de cumprir dous anos. A alcaldesa subliñou “o labor destas emprendedoras que souberon promover sinerxias entre os seus negocios e demostrar que nesta comarca hai futuro empresarial e nese futuro teñen moito que dicir as mulleres, en diversos sectores”.

<<< Febreiro 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
 
Eventos do Concello
naron.gal