Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
APROBADO NO PLENO UN INVESTIMENTO DE 1,57 MILLÓNS DE EUROS DO POS PARA DIVERSAS ACTUACIÓNS NA CIDADE
Os edís de TEGA e BNG aprobaron os investimentos do POS, sobre os que se abstiveron os do PP e PSOE
Narón, 7 de febreiro de 2025. O Concello acolleu hoxe a celebración dun pleno extraordinario no que se aprobou, cos votos a favor de TEGA e BNG e a abstención dos edís do PP e PSOE, un investimento de 1,57 millóns de euros para diversas obras que se cofinanciarán con cargo ao POS da Deputación da Coruña. As actuacións comprometidas con cargo a estes fondos permitirán mellorar varias vías do termo municipal e tamén instalacións do Concello, así como avanzar en materia de accesibilidade. O voceiro de TEGA, Román Romero, recordou que con cargo a esa partida se construirá unha beirarrúa na praza Álvaro Paradela, en Freixeiro, nun tramo entre a estrada de Cedeira e a rúa Noriega Varela; acometeranse melloras viarias en varios camiños da zona rural e urbana e nas áreas de estacionamento da praza de FEVE en Xuvia e do instituto. A maiores, en materia de servizos, completarase a rede de saneamento na parroquia de Sedes, concretamente no lugar da Rocha, onde se dotará do servizo a unha trintena de vivendas. Esta rede tamén se ampliará na parroquia do Couto, na zona da Picota. En canto a edificios municipais, levaranse a cabo traballos de acondicionamento do Centro de Maiores das Vivendas da Mariña, co fin de mellorar a súa accesibilidade, eficiencia enerxética, actualizar a instalación eléctrica e tamén cambiar a súa imaxe. E no local social de San Xiao tamén se mellorará a eficiencia enerxética co cambio da carpintería exterior. Finalmente, en materia de accesibilidade, acometeranse varias obras na contorna da praza do colexio de Xuvia, concretamente nas rúas Xoán XXIII e Foro e na praza do Concello dende a estrada de Castela.

<<< Marzo 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal