Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
Á VENDA OS TICKETS PARA ASISTIR O 1 DE MARZO Á XVII FESTA DO COCIDO DA GÁNDARA
A concelleira de Festas, Mar Gómez, presentou o evento con Javier Freire, Juan e Carlos Fernández, presidente e vogais, respectivamente, da entidade veciñal
Narón, 7 de febreiro de 2025. A concelleira de Festas, Mar Gómez, presentou hoxe xunto con Javier Freire, presidente da AVV Santiago Apóstol da Gándara, e Juan e Carlos Fernández, vogais da citada entidade, a décimo sétima edición da Festa do cocido que se celebrará o vindeiro 1 de marzo no pavillón da Mocidade, na Gándara. Dende a organización avanzaron que a comida, a base de sopa, cocido, sobremesa, café e bebida, ten un prezo de 20 euros para os socios da entidade, 25 para o resto e con opción dun menú infantil por 6 euros. O xantar dará comezo ás 14:00 horas e os tickets deben adquirirse de xeito anticipado, de luns a venres entre as 11:00 e as 12:00 horas e de 18:00 a 20:00 no local social da Gándara. O prazo límite para adquirilos é ata o 21 de febreiro ás 20:00 horas. Na convocatoria haberá unha sesión vermú con Jorge Latino e pola tarde actuará De quen sodes band, para amenizar a xornada unha vez que remate o xantar popular. Dende a organización animaron á cidadanía a acudir a esta convocatoria, que o pasado ano reuniu a algo máis de 300 persoas, unha cifra que se espera superar este ano. A concelleira de Festas agradeceu o traballo da Asociación de Veciños Santiago Apóstol da Gándara, para poder manter no tempo esta cita gastronómica, unha das máis consolidadas na cidade, tal e como indicou. As persoas interesadas en obter máis información poden chamar ao número de teléfono 603 742 624 ou ver as redes sociais da entidade veciñal (Facebook e Instagram).

<<< Marzo 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal