Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA PARTICIPOU NA ENTREGA DOS PREMIOS DO CONCURSO DA XIX MOSTRA DA CAMELIA CIDADE DE NARÓN
Marián Ferreiro destacou o labor da Asociación Galega da Camelia e a participación de cultivadores galegos e doutras comunidades
Narón, 8 de febreiro de 2025. A décimo novena edición da Mostra da Camelia Cidade de Narón inaugurouse esta tarde, ás 17:30 horas, no Centro Comercial Odeón. O Concello e a Asociación Galega da Camelia organizan esta convocatoria, en cuxa entrega de premios participaron a alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro; o presidente e o vicepresidente da Asociación Galega da Camelia, Edmundo Novoa e Eusebio López, respectivamente e as edís de Promoción Económica de Narón, Olga Ameneiro, e de Benestar Social, María Lorenzo. Esta tarde e mañá ata as 18:00 horas poderanse ver os centos de especies de flor de camelia que participan na exposición deste ano e no décimo quinto concurso de Flor de Camelia, do que tamén esta tarde se repartiron os premios, concedidos por un xurado especializado. O premio á mellor camelia japónica foi para Marco Cobo, de Cantabria; o de mellor camelia reticulata paran Geli Piñeiro, de Tomiño (Pontevedra); a mellor especie de camelia foi a de Alicia e Manuel Cruz, de Sillobre (Fene) e o mellor híbrido de camelia o da Asociación de Mulleres Pozo da Moura, de Domaio (Pontevedra). Así mesmo, o premio para a mellor flor miniatura recaeu en Pascual Sesma, de Ares, e o de mellor cultivador-expositor en Abelardo Barcala, de Rubianes (Pontevedra). A mellor composición artística colectiva foi a de Ana Calo, de Boiro (A Coruña). A maiores de cultivadores de Narón e comarca, participaron no certame outras persoas procedentes das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra, e tamén de comunidades como Asturias e Cantabria. A alcaldesa da cidade valorou a participación de 25 expositores nesta edición, dos que 16 se presentaron ao certame, algúns deles con flores moi exclusivas. Ferreiro felicitou ademais á Asociación Galega da Camelia por organizar un ano máis esta convocatoria na cidade, á que animou a visitar ás persoas que queiran desfrutar dos exemplares expostos, e ás persoas que participaron no evento. A Sociedade Española da Camelia e a Deputación da Coruña colaboran un ano máis nesta mostra, que no programa de mañá domingo inclúe unha visita guiada á colección de camelias do parque dos Andrade, en Pontedeume. Representantes da Asociación Galega da Camelia visitarán tamén mañá o Centro de Interpretación dos Muíños Industriais de Xuvi

<<< Marzo 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal