Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MARIÁN FERREIRO PARTICIPOU NUNHA MESA SOBRE A PROMOCIÓN DE POLÍTICAS LOCAIS DE IGUALDADE COA MOCIDADE ORGANIZADA POLA FEGAMP
A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, abordou diferentes programas impulsados dende o Consistorio en diferentes áreas co fin de promover unha igualdade real entre mulleres e homes
Narón, 27 de febreiro de 2025. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, participou esta mañá no segundo Encontro de alcaldesas e concelleiras organizado pola Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) en Santiago de Compostela. “A mocidade, forza motriz para a igualdade” é o lema desta convocatoria, que se desenvolveu na sede da Fegamp con motivo das iniciativas impulsadas para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Ferreiro participou nunha mesa sobre “As alcaldesas falando dos riscos e ameazas para as mozas. Os concellos como garantes de dereitos para todas”, xunto coas rexedoras de Allariz, Cristina Cid; Maceda, Uxía Oviedo; Guitiriz, Marisol Morandeira e Silleda, Paula Fernández. A mesa, que se iniciou ás 10:30 horas, estivo moderada por Patricia Vilán, secretaria xeral da Fegamp. A alcaldesa destacou a importancia de celebrar este tipo de iniciativas e agradeceu o convite á mesma, para a continuación relatar algunhas das actuacións levadas a cabo dende a administración local naronesa na área a abordar. A redacción e entrada en vigor do III Plan de Igualdade, impulsar diferentes obradoiros dirixidos ás mozas e mozos en idade escolar sobre corresponsabilidade, educación afectivo-sexual, de sensibilización de micromachismos, de coeducación, supervivencia doméstica... nos que se realizaron valoracións finais que destacan o traballo realizado pero tamén o camiño que queda por avanzar para acadar a igualdade plena entre mozas e mozos. Así mesmo, explicou a entrada en funcionamento do Punto Violeta, para ofrecer ferramentas e outros recursos á cidadanía de cara á prevención da violencia de xénero e a posta en marcha das campañas A igualdade polos pelos -co sector da perrucaría e estética- e A noite en igualdade -ocio nocturno-, cofinanciadas con cargo ao Pacto de Estado contra a violencia de Xénero, do Ministerio de Igualdade. No ámbito cultural, a rexedora local mencionou tamén a convocatoria, dende hai dez anos, do Festival Internacional do Monólogo Teatral Singular, no Pazo da Cultura, e cunha presenza maioritariamente feminina. A vicepresidenta executiva da Fegamp e alcaldesa de Betanzos, María Barral e a vicepresidenta primeira da Femp e alcaldesa da Coruña, Inés Rey, foron as encargadas de inaugurar este encontro. Trala primeira mesa celebrouse outra baixo a temática “Concelleiras galegas abordan boas prácticas en igualdade co foco na mocidade”, presentada e moderada por Laura Seara, exsecretaria de Estado de Igualdade, e na que participaron concelleiras de Ames, Sandiás, Salceda de Caselas, San Sadurniño, Moaña e Sanxenxo.

<<< Abril 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal