Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS ESTABLECEMENTOS DE HOSTALERÍA A SERRA E O TAPEO, GAÑADORES DO X CONCURSO DE TAPAS DE ENTROIDO DE NARÓN
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Promoción Económica, Olga Ameneiro, asistiron á reunión na que se elixiu a tapa máis valorada polo xurado popular
Narón, 10 de marzo de 2025. O Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, acolleu o pasado xoves a reunión do xurado profesional do X Concurso de Tapas de Entroido organizado polo Concello e no que participaron un total de dezasete establecementos de hostalería da cidade. Miguel Caruncho, docente de Cociña e Hostalería no CIFP Fraga do Eume, de Pontedeume; Nerea Armendáriz, instagramer especialista en cociña -@lamorrofino-; e Joni Barroso, xefe de cociña do Pazo Libunca, en Narón foron os encargados de degustar as tapas presentadas á convocatoria, decidindo finalmente outorgar o premio ao establecemento A Serra, pola tapa “Entroido en dous bocados”. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e a concelleira de Promoción Económica, Olga Ameneiro, acudiron á reunión do xurado, para agradecer a súa colaboración e tamén a participación dos diferentes establecementos. En canto ao voto do xurado popular, este ano recaeu no establecemento O Tapeo, pola proposta “Cociburguer”, tras realizar un reconto das votacións que a clientela realizou a través dun código QR que había en cada local participante. A maiores de A Serra e O Tapeo, participaron nesta edición os locais: Chacho qué bueno!; Silver; Casa Sindo; Mamá Flora; Clandestino Burger; El Olivo Cocina Bar; Salsiña restaurante; Ronnie; Fame Kanalla; Lambetadas; O Rincón de Trini, O Lugar, Mesón de La Abuela; Café Restaurante Kensington e Chips. O acto de entrega de premios celebrarase no Concello, nunha data que se comunicará proximamente, e tamén se entregarán os vales das tres ceas valoradas en 100 euros que recibirán outras tantas persoas que emitiron os seus votos, dun mínimo de catro tapas. O concurso desenvolveuse do 27 de febreiro ao 6 de marzo na cidade, co fin de promocionar a hostalería local, coincidindo coa tempada do Entroido.

<<< Maio 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal