Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
AS ALCALDESAS DE NARÓN E CIUDAD HEREDIA DESTACAN AS OPORTUNIDADES QUE OFRECE O PROTOCOLO ASINADO PARA COOPERAR EN EDUCACIÓN VIARIA
Marián Ferreiro e Ángela Aguilar valoraron as vantaxes de establecer vías de colaboración entre ambas cidades
Narón, 26 de marzo de 2025. A alcaldesa, Marián Ferreiro, participou xunto cos integrantes do equipo de Educación Viaria do Concello, Pedro Caneiro e Sonia López, nunha videoconferencia coa alcaldesa de Ciudad Heredia (Costa Rica), Ángela Aguilar, a promotora social da localidade, Michelle Rodríguez e a xornalista Marjorie Chacón para establecer unha primeira toma de contacto sobre o protocolo de irmanamento e cooperación entre ambos municipios. Un acordo que, tal e como recordou Ferreiro, establece unha cooperación entre Narón e Ciudad Heredia para establecer programas de colaboración, intercambios en varias áreas relacionadas con programas de seguridade e educación viaria, infraestructura viaria, cultura, mobilidade segura, convivencia e seguridade cidadá… durante un período de catro anos. A rexedora local de Narón destacou a importancia de que o traballo realizado dende a cidade poida axudar a outras como neste caso Ciudad Heredia, cunha poboación de máis de 550.000 habitantes. “Temos un equipo de Educación Viaria digno de merecer todo o noso recoñecemento polo seu traballo e é un pracer poder intercambiar experiencias e aprendizaxe cunha cidade como a vosa”, apuntou Ferreiro. Pola súa banda, a alcaldesa de Ciudad Heredia asegurou que “dende o goberno local de Heredia é un honor poder asinar este irmanamento con Narón, unha cidade da que xa aprendemos moito e que nos permitiu implementar obradoiros, actividades, os corredores activos en colexios… facendo máis atractiva a educación viaria para as nenas e nenos”. Ángela Aguilar avanzou que “continuaremos levando a cabo máis iniciativas porque aquí a parte peonil está moi cuestionada, ao estar a xente sempre buscando a ampliación de estradas. Nós precisamos un cambio educacional e cultural nese senso, que nos permita tamén priorizar o transporte público sobre o privado e xerar, en definitiva, unha cultura de cambio”. A rexedora local de Ciudad Heredia pechou a súa intervención agradecendo ao Concello de Narón “o voso apoio neste tipo de iniciativas” e, a modo de exemplo, destacou que últimamente fortaleceron o proceso de igualdade e inclusión da cidade cun incremento dun 64% no orzamento para iniciativas de ámbito social.

<<< Maio 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal