Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O X FESTIVAL INTERNACIONAL DO MONÓLOGO TEATRAL SINGULAR REMATA ESTA FIN DE SEMANA CON TRES ESPECTÁCULOS NO PAZO
A programación deste festival deu comezo o pasado 7 de marzo e incluíu representacións teatrais e actividades paralelas
Narón, 28 de marzo de 2025. A décima edición do Festival Internacional do Monólogo Teatral Singular remata esta fin de semana coa representación das tres últimas obras do programa. Hoxe mesmo o Pazo da Cultura acollerá ás 20:00 horas a estrea da obra “La Celestina”, da compañía arxentina Rey Marciali Producciones. Unha peza protagonizada por Julieta Daga que é unha versión libre da actriz e de David Picotto sobre o texto de Fernando Rojas. Na xornada de mañá poderase ver a peza “Vicio houbo sempre”, da galega Atenea García, unha proposta de narración oral para público adulto na que se presentan historias de vida recollidas a mulleres que xa cumpriron os 80 anos. A obra dará comezo ás 20:00 horas. A programación do festival pecharase cun espectáculo para público familiar e infantil, “Lúa quere viaxar a… Marte!”, da compañía galega A Xanela do Maxín. O Café Teatro do Pazo acollerá este espectáculo a partir das 18:00 horas. A protagonista da obra é Lúa, que tras dar a volta ao mundo sorprende á súa familia dicindo que quere viaxar a Marte. As entradas dispoñibles para estes tres espectáculos poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es. O Padroado da Cultura organiza esta nova edición do Festival Internacional do Monólogo Teatral Singular, que incluíu dende o pasado 7 de marzo varias representacións e actividades paralelas e que conta coa colaboración da Deputación da Coruña, da Xunta de Galicia e da Rede Eurolatinoamericana de Artes Escénicas.

<<< Maio 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal