Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MINUTO DE SILENCIO ANTE O CONCELLO TRALO ASASINATO DUNHA MULLER EN OURENSE
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e os voceiros dos grupos políticos da corporación local, entre outros, participaron na convocatoria
Narón, 8 de abril de 2025. A alcaldesa, Marián Ferreiro, encabezou a concentración silenciosa convocada para este mediodía ante a porta principal do Concello tralo asasinato o pasado domingo de Josefa Fariñas, de 76 anos, no concello ourensá do Bolo. O home da asasinada, Manuel Vidueira, de 72 anos, presuntamente acoitelouna no seu domicilio e chamou aos servizos de emerxencia, que non puideron salvarlle a vida. Á concentración acudiron tamén outros representantes da corporación local e traballadoras e traballadores do Consistorio naronés. “Contra a violencia de xénero” é o lema da pancarta que portaban as persoas que acudiron ao minuto de silencio para denunciar este asasinato por violencia machista, o primeiro en Galicia no que vai de ano. Dende o Consistorio manifestase novamente a repulsa a estes feitos.

<<< Abril 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
naron.gal