Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN EN DOUS CURSOS DA PLATAFORMA CEMIT QUE SE IMPARTIRÁN EN XUVIA
O concelleiro de Novas Tecnoloxías, Román Romero, recordou que cada acción formativa oferta un total de 12 prazas
Narón, 8 de abril de 2025. As persoas interesadas en asistir aos cursos de LibreOffice iniciación (Writer e Calc.) e de Iniciación á contabilidade poden inscribirse, de balde, dende hoxe na plataforma Cemit. Así o anunciou o concelleiro de Novas Tecnoloxías, Román Romero, que recordou que se ofertan un total de doce prazas para cada unha destas accións formativas. As inscricións para estes cursos poden realizarse a través do enlace: https://cemit.xunta.gal/es/centros/naron. No curso de LibreOffice iniciación realizarase unha introducción xeral sobre este programa e abordaranse contidos como os conceptos fundamentais da edición de texto, os formatos básicos, estilos e maquetación, imaxes, táboas e elementos gráficos, documentos profesionais… e realizaranse exercicios prácticos. Tamén se inclúe no programa Calc.: introdución ás follas de cálculo, para aprender a inserción e formato de datos, as fórmulas e funcións básicas, a xestión de táboas e filtrados, gráficos sinxelos, e exercicios prácticos. O curso de Iniciación á contabilidade comezará explicando que é e para que serve, e inclúe contidos como as bases do rexistro contable, a contabilidade dixital, principios e normas da contabilidade, o ciclo contable, ética e responsabilidade na contabilidade, libros diarios e maior, operación común, ferramentas dixitais para o rexistro, contabilidade de clientes e proveedores, balance de situación, conta de resultados, etc. Inclúe ademais unha parte de exercicios prácticos. Ademais, hoxe martes abre tamén o prazo para inscribirse nos exames EMA (probas presenciais exclusivas para as persoas que remataron os cursos de teleformación na plataforma EMA), que terán lugar no mes de maio, o luns día 12 (9:30 a 10:30 horas); o mércores 21 (19:00 a 20:00) e o venres 30 (de 12:30 a 13:30).

<<< Abril 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
naron.gal