Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A MÚSICA DE ANDRÉS BALADO E O TEATRO CENTRAN A PROGAMACIÓN DESTA FIN DE SEMANA NO PAZO DA CULTURA
O Pazo acollerá dúas propostas o venres e sábado, unha musical e outra teatral
Narón, 9 de abril de 2025. O Pazo da Cultura acollerá esta fin de semana dous espectáculos. A música de Andrés Balado, cun tributo ao mítico Bruce Springsteen, “Back to glory days”, na súa xira de concertos deste 2025, centrará a programación deste venres, día 11, a partir das 21:00 horas. Un proxecto que aposta por converterse no mellor tributo internacional ao boss á fronte do que está “o boss galego”, que traerá a Narón a esencia de Bruce. Estará acompañado por dez músicos de primeiro nivel, e xuntos repasarán os mellores temas da discografía do Boss durante un concerto dunhas dúas horas de duración. O sábado 12 de abril, ás 20:00 horas, a compañía Secuencia 3 Artes y Comunicación traerá ao Pazo a peza de teatro clásico La Regenta. Ana Ruiz, Pepa Pedroche, Jacobo Dicenta e Alejandro Arestegui, entre outros, forman parte do elenco desta obra, que ao longo de case dúas horas contará unha historia sobre o enfrontamento entre a paixón desbordada dos desexos e do amor fronte ás cadeas da moral social provinciana e a traizón. Ana Ozores e Víctor Quintanar son os protagonistas dun relato ambientado na cidade de Vetusta e baseado na novela La Regenta, publicada en 1884, unha das grandes novelas da literatura española do século XIX. As entradas dispoñibles para estes espectáculos poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo e na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.

<<< Abril 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
naron.gal