Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS PEREGRINOS QUE PARTICIPARON NA ACCIÓN "CAMIÑO DO MAR" SELARON ONTE AS SÚAS CREDENCIAIS NO QUILÓMETRO 100 DO PASEO DE XUVIA
A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, puxo en valor esta iniciativa da Asociación Camino del Mar
Narón, 21 de abril de 2025. A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, recibiu onte no quilómetro 100 do Camiño Inglés, no paseo marítimo de Xuvia, a un grupo de persoas que participaron na acción Camiño do Mar “Concello a Concello”, que este ano alcanzou a súa cuarta edición. A iniciativa, que ten entre os seus obxectivos promocionar e divulgar o Camiño do Mar, a antiga vía de peregrinación a Santiago de Compostela, que discurre pola Mariña Lucense, Ortegal e Ferrolterra, alcanzou onte a oitava etapa, pasando polo termo municipal naronés. A ruta realízase durante 13 domingos e na etapa de Porto do Cabo-Narón-Neda, percorreron 20,3 quilómetros, que comezaron na ponte de Porto do Cabo, continuou polo concello de Valdoviño, onde selaron as credenciais e polo embalse das Forcadas, seguindo ata Narón e Neda, polo Camiño Inglés cara a Compostela. Natalia Hermida selou tamén as credenciais dos camiñantes no paseo de Xuvia, conversando con eles sobre a súa experiencia e dándolles ánimos para completar o tramo pendiente ata Compostela. A edil naronesa valorou esta iniciativa impulsada pola Asociación Camino del Mar, que xa en anteriores edicións discurriu tamén polo termo municipal naronés “dando a coñecer esta cidade e a súa relevancia nas rutas de peregrinaxe, neste caso a Compostela, pero tamén a Santo André de Teixido”.

<<< Abril 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal