Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE ESTARÁ ESTE XOVES E VENRES NA CIDADE
O vehículo permanecerá estacionado nas inmediacións do novo centro de saúde
Narón, 22 de abril de 2025. Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este xoves e venres na cidade. O vehículo ubicarase nas inmediacións do novo centro de saúde os dous días, estando operativo o xoves en horario de mañá e tarde, de 9:30 a 14:30 e dende as 15:30 ata as 21:00 e o venres en horario de tarde, de 15:30 a 21:00. Dende ADOS recordouse que as persoas que acudan a doar sangue a primeira hora deben almorzar pola mañá e no caso de facelo despois de xantar ao mediodía, terán que esperar dúas horas para facelo. Así mesmo, deben levar a tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ao médico se se está tomando algún medicamento. As persoas que queiran consultar posibles dúbidas sobre a doazón de sangue e a localización das unidades móbiles poden chamar, de balde, ao número de teléfono 900 100 828.

<<< Abril 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal