Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
APROBADO NO PLENO UN EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITO PARA SUFRAGAR VARIAS ACTUACIÓNS NA CIDADE
Na sesión ordinaria celebrada no Concello saíu tamén adiante de xeito inicial a modificación da ordenanza sobre protección e tenza de animais de compañía e potencialmente perigosos
Narón, 24 de abril de 2025. O goberno local aprobou na sesión plenaria desta tarde un expediente de modificación de crédito a través do que se sufragarán ou se cofinanciarán varias actuacións de diversas áreas no termo municipal. O importe total da partida, uns 423.000 euros, permitirá facer fronte ás aportacións municipais para reforzar o pavimento na avenida Bernardo Romero, no polígono de Río do Pozo; para a adecuación e mellora de espazos públicos na praza do Concello e na estrada de Castela; a mellora da eficiencia enerxética en Aldea Nova e outras obras como a instalación dun acumulador de agua quente sanitaria no estadio de Río Seco, ou o remate das obras do campo de tiro con arco en Río do Pozo. Na sesión plenaria aprobouse de xeito inicial a modificación da ordenanza municipal do Concello sobre a protección e tenza de animais de compañía e de animais potencialmente perigosos. Os cambios afectan aos apartados relativos ás condicións dos animais na vía e nos espazos públicos, ás infraccións… incidíndose dende o goberno local en que se regularán horarios nalgunhas zonas para a mellor convivencia entre as persoas con cans e as que non os teñen e recordando a aposta de TEGA por habilitar parques caninos, con catro actualmente na cidade, fronte a outras localidades nas que carecen deles ou mesmo con censos maiores deste tipo de animais teñen menos espazos habilitados para eles. Saíu adiante tamén no pleno a declaración institucional da Fegamp polo Día das Letras Galegas, que se conmemorará o vindeiro 17 de maio. Este ano realizarase un recoñecemento público ás cantareiras, personificado en Adolfina e Rosa Casás, de Cerceda; Asunción Garrido, Prudencia Garrido e Manuela Lema, de Mens, e Eva Castiñeira, de Muxía, polo su papel, xunto do doutras mulleres, na transmisión da lírica popular, de xoias poéticas extraordinarias e dun galego enxebre e saboroso, tal e como recordaron dende a entidade. No apartado de mocións aprobáronse as presentadas polo PP sobre intervención integral na área da rúa Finca Dopico e rúas da contorna e outra sobre un plan de accesibilidade universal para os edificios municipais con actividade pública. Pola súa banda, o PSOE presentou unha moción para solicitar á Xunta a ampliación do servizo de ambulancia en Narón a 24 horas ao día, tamén aprobada, e outra para poñer en marcha o proxecto “Biblionarón” nos parques infantís da cidade, respaldada esta última por unanimidade da corporación local. O BNG presentou unha moción sobre os barrios e parroquias da cidade e outra para mudar a ordenanza municipal reguladora da emisión e recepción de ruídos e vibracións, en ambos casos aprobadas.

<<< Abril 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal