Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA DESPEDIUSE HOXE DO COMISARIO XEFE DA POLICÍA DE FERROL-NARÓN, JAVIER MARÍA DE LORESECHA
Marián Ferreiro, que estivo acompañada do edil de Seguridade Cidadá, José Oreona, agradeceulle o seu compromiso coa seguridade
Narón, 25 de abril de 2025. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, José Oreona, recibiron esta mañá no Concello ao comisario Javier María de Loresecha, que cesa do cargo na Comisaría de Ferrol-Narón para pasar a segunda actividade. O comisario asumiu en xuño de 2023 o cargo nas citadas dependencias policiais. Na xuntanza estiveron tamén presentes o xefe da Policía Local de Narón, Eduardo Pita, e o Oficial José Antonio Carballido. A alcaldesa agraceceu o seu labor durante todos estes anos e o seu compromiso coa seguridade, ao tempo que destacou a súa dilatada traxectoria profesional nos máis de trinta anos de servizo ao Corpo. Así mesmo, desexoulle que desfrutase desta nova etapa vital.

<<< Abril 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal