Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NA ACTIVIDADE "UNHA NOITE NO MUÍÑO..." PROGRAMADA NA BIBLIOTECA CON MOTIVO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O espectáculo previsto para este sábado na Biblioteca dará comezo ás 11:00 horas, tal e como indicou a edil responsable da área, Olga Ameneiro
Narón, 6 de maio de 2025. A concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, anunciou a apertura, esta tarde ás 16:00 horas, do prazo de inscrición na actividade “Unha noite no muíño…”, unha proposta enmarcada na celebración do Día das Letras Galegas. A convocatoria desenvolverase este sábado, día 10, ás 11:00 horas e estará protagonizada por Caxoto Contacontos, que trae á cidade un espectáculo para menores a partir de 4 anos e as súas familias. Os participantes viaxarán no tempo para coñecer a vida das cantareiras e, concretamente, das homenaxeadas este ano con motivo do Día das Letras Galegas: Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda; Eva Castiñeira, de Muxía e Prudencia e Asunción Garrido Ameijende e Manuela Lema Villar, as pandereiteiras de Mens, de Malpica de Bergantiños, ás que a RAG adica este ano o 17 de maio. As persoas que acudan á convocatoria poderán descubrir de primeira man a orixe do baile e canto tradicionais galegos. As inscricións poden tramitarse de xeito presencial na Biblioteca ou chamando ao número de teléfono 981 382 173 no horario de apertura das instalacións.

<<< Maio 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal