Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO PUBLICOU AS LISTAXES PROVISIONAIS DE MENORES ADMITIDOS NAS TRES ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS
A concelleira de Ensino, Olga Ameneiro, informou que hai dez días naturais de prazo para presentar posibles reclamacións
Narón, 6 de maio de 2025. A concelleira de Ensino, Olga Ameneiro, anunciou a publicación na web municipal das listaxes definitivas dos menores admitidos nas tres Escolas Infantís Municipais para o curso 2025-2026. As persoas que desexen consultar esa listaxe poden facelo a través do enlace: https://naron.gal/cat/gal/concello/escuelas_infantis. No que respecta aos menores nados no ano 2023 hai un total de 25 solicitudes, todas elas admitidas e sendo 8 delas para A Solaina, 4 para Piñeiros e 13 para A Gándara. No caso dos nados en 2024 recibíronse un total de 46 solicitudes, das que 12 son para Piñeiros, 11 para A Gándara, 4 para A Solaina e 19 para calquera dos tres centros, quedando 15 menores sen praza. Finalmente, dos nados no 2025 obtiveron praza os 25 solicitantes, dos que 8 pediron praza na Solaina, 9 en Piñeiros e os 8 restantes na Gándara. Ameneiro recordou que os menores que reservaron praza no mes de febreiro (que asisten ás escolas no presente curso) están todos admitidos na escola solicitada. A información dos listados provisionais pode consultarse tamén chamando por teléfono ao Concello (981 337 700, extensións 1111, 1108 e 1109) ou ás propias escolas infantís municipais (A Solaina- 647 472 047; Piñeiros-647 472 119 e A Gándara-672 205 524). O prazo de reclamacións é de dez días naturais, contados a partir de hoxe. A edil naronesa informou que os listados definitivos se confirmarán posteriormente, unha vez resoltas as reclamacións.

<<< Maio 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal