Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA CONCILIAVERÁN 2025
A concelleira de Igualdade, María Lorenzo, indicou que a convocatoria se dirixe a menores nados entre 2013 e 2021
Narón, 7 de maio de 2025. O Concello abrirá mañá xoves ás 8:30 horas o prazo de inscrición no programa Conciliaverán 2025. A convocatoria diríxese a menores nados entre 2013 e 2021, que estean escolarizados este curso nun centro educativo da cidade ou empadroados/as en Narón e nos que os pais/nais ou titores/as do/da menor estean traballando. Así o avanzou a concelleira de Igualdade, María Lorenzo, que recalcou que as inscricións poderán tramitarse ata o 16 de maio ás 13:00 horas. En total ofértanse un centenar de prazas. O Conciliaverán 2025 desenvolverase do 30 de xuño ao 8 de agosto, en tres quendas: do 30 de xuño ao 11 de xullo; do 14 ao 24 de xullo e do 28 de xullo ao 8 de agosto. O programa desenvolverase nas instalacións do CRA de Domirón, no Alto, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas e ofrecerá servizo de madrugadores de 8:00 a 9:00 horas e acompañamento ao mediodía, de 14:00 a 15:00 horas sempre que así o indique na solicitude. As nenas e nenos realizarán actividades lúdico educativas, como xogos populares, obradoiros, dinámicas de animación… todas elas con carácter inclusivo e contidos transversais de educación en valores, tal e como recordou a edil naronesa. As persoas interesadas en realizar as inscricións poderán facelo de balde –actividade ao abeiro do Plan Corresponsables- a través da Sede Electrónica de Narón (onde están publicadas as bases ao completo), o Rexistro municipal ou calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. As persoas interesadas en recibir máis información poden contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal, a través do teléfono 981 337 700.

<<< Maio 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal