Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRE MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN CURSO DE OPERADOR/A DE CARRETILLAS E PLATAFORMAS ELEVADORAS-PEMP CON CERTIFICACIÓN UNE
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, anunciou que se ofertan dúas edicións desta acción formativa, con dez prazas cada unha delas
Narón, 13 de maio de 2025. A concellería de Formación, presidida pola edil Natalia Hermida, convocou dúas edicións dun curso de Operador/a de carretillas e plataformas elevadoras-PEMP con certificación UNE. A convocatoria diríxese a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas no Concello de Narón, se ben poderán inscribirse persoas tamén maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas noutros concellos que accederán á acción formativa no caso de que non se cubran as prazas coas empadroadas en Narón. Cada unha das edicións desta acción formativa conta con 10 prazas e as inscricións pódense tramitar dende mañá ás 8:30 ata o vindeiro 20 de maio ás 13.30 horas. As solicitudes deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello, a través da Sede Electrónica de Narón ou polos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Os cursos constan dun total de 50 horas (35 de certificación e 15 de módulos adicionais) e impartiranse nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara. As datas previstas de celebración son: a primeira edición do 27 de maio ao 10 de xuño e a segunda do 17 de xuño ao 3 de xullo, de luns a venres entre as 9.00 e as 14.00 horas. Operador/a de carretilla elevadora UNE 58451, operador/a plataformas elevadoras móbiles de persoal (PEMP) UNE 58923, módulos transversais de perspectiva de xénero, sensibilización ambiental e de TICs no sector e orientación laboral forman parte do contido destas accións formativas, que inclúen a maiores dúas charlas e visita. O alumnado seleccionarase por rigorosa orde de inscrición e o listado provisional de admitidos, suplentes e excluídos publicarase na Sede Electrónica do Concello de Narón. O alumnado seleccionado será informado telefónicamente da súa admisión, para a confirmación da plaza. Para recibir máis información pódese consultar a Sede Electrónica, ou contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal no teléfono 981 337 700 (extensións 1108 e 1109).

<<< Maio 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal