Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INICIA UNHA CAMPAÑA PARA REGULARIZAR E GARANTIR O CUMPRIMENTO DE PAGO DA TAXA POLO SERVIZO DE RECOLLIDA DE LIXO
O edil de Facenda, Román Romero, recalcou que o periodo voluntario para regularizar a situación rematará o 16 de xuño deste ano
Narón, 13 de maio de 2025. O Concello iniciará este xoves, día 15, unha campaña de regularización fiscal voluntaria previa á de inspección tributaria que se levará a cabo sobre a taxa de recollida de lixo. O edil de Facenda, Román Romero, explicou ao respecto que todos os inmobles residenciais ou non residenciais de uso comercial, industrial, empresarial e profesional deben abonar esta taxa e que se levará a cabo unha campaña para detectar posibles casos nos que por diferentes motivos non se está abonando a contía estipulada. O concelleiro indicou que tras eses posibles casos están persoas que non se deron de alta no servizo, datos erróneos ou descoñecidos pola administración, recibos a nome de persoas falecidas ou que xa non son os propietarios dos inmobles, tarifas declaradas erróneamente… “En todos eses casos, as persoas que se vexan afectadas poderán regularizar a situación dende o 15 de maio ata o 16 de xuño en período voluntario, como paso previo a unha campaña de inspección tributaria que se levará a cabo este ano e que precisamente se centrará na taxa de recollida de lixo”, apuntou Romero. Para esa regularización deben dirixirse ás oficinas da empresa Cosma (rúa do Rosal, 33-baixo), de luns a venres en horario de 8:30 a 13:00, onde se lles facilitará toda a información e documentación precisa. Así mesmo, no caso de ter dúbidas ao respecto poden tamén dirixirse ao cuarto andar do Concello de Narón, onde está o departamento de Facenda, de luns a venres en horario de 8:30 a 13:00 ou chamar por teléfono ao 981 337 700 (extensións 1411 e 1405).

<<< Maio 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal