Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO PUBLICOU AS LISTAXES DEFINITIVAS DE MENORES ADMITIDOS NAS TRES ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS
Os centros poranse en cotacto coas familias para formalizar as matrículas, tal e como apuntou Olga Ameneiro, edil de Ensino
Narón, 20 de maio de 2025. A concelleira de Ensino, Olga Ameneiro, anunciou a publicación na web municipal das listaxes definitivas dos menores admitidos nas tres Escolas Infantís Municipais para o curso 2025-2026. As persoas que desexen consultar esa listaxe poden facelo a través do enlace: http://www.naron.es/web/cat/gal/concello/escuelas_infantis/. No caso dos menores nados en no ano 2025 resultaron admitidos os 26 0solicitantes, dos que 8 peticións foron para A Solaina, 10 para Piñeiros e as 8 restantes para A Solaina. Dos 47 menores nados en 2024 que demandaron praza un total de 16 quedaron sen praza, e dos restantes, 8 irán ao centro da Solaina, 12 a Piñeiros e 11 á Gándara. Finalmente, dos nados no 2023 obtiveron praza todos os solicitantes, dos que 13 irán para a escola infantil municipal da Gándara; 8 para a da Solaina e os 3 restantes para a de Piñeiros. Ameneiro explicou, en referencia ás novas incorporacións de cara ao vindeiro curso, que a información dos listados provisionais pode consultarse tamén chamando por teléfono ao Concello (981 337 700, extensións 1111, 1108 e 1109) ou ás propias escolas infantís municipais (A Solaina- 647 472 047; Piñeiros-647 472 119 e A Gándara-672 205 524). Así mesmo, a edil indicou que dende as tres escolas infantís municipais se porán en contacto coas familias para formalizar as matrículas dos menores admitidos en cada centro.

<<< Maio 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal