Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA PRESIDIU UN PLENO ESCOLAR NO QUE PARTICIPOU ALUMNADO DO COLEXIO DO FEAL
Marián Ferreiro e a edil de Ensino, Olga Ameneiro, recibiron aos menores no salón de plenos
Narón, 20 de maio de 2025. Alumnado de terceiro da ESO do colexio do Feal desprazouse hoxe ao Concello, acompañado de persoal docente, para asistir a un pleno escolar impulsado a través da Escola de Participación Cidadá de Narón e integrado na materia de Oratoria. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Ensino, Olga Ameneiro, recibiron aos menores no salón de plenos, onde se desenvolveu a actividade, na que se plantexaron unha serie de propostas por parte do estudantado. Cinthya, Ainara, Carla, Irene, Gael, Brais, Hugo, Benja, Antía, Berna, Cris e Manuel foron os protagonistas da convocatoria, na que plantexaron diversas cuestións divididas en catro bloques. O colexio do Feal, a Casa da Mocidade, o transporte urbano e a implicación da mocidade foron os asuntos sobre os que conversaron coa alcaldesa e a edil de Ensino, ás que plantexaron a situación actual nalgúns ámbitos e para as que realizaron algunhas suxestións. As representantes do goberno local tomaron nota dos asuntos tratados e respostaron a todas as cuestións plantexadas polos escolares, aos que animaron a participar activamente neste tipo de espazos e nas diferentes actividades impulsadas dende o Consistorio e dirixidas a mozas e mozos da súa idade. Os escolares, pola súa banda, agradeceron a oportunidade que se lles brindou dende o Concello para realizar este pleno, coincidindo coa alcaldesa na importancia de escoitar á mocidade para participar no futuro da sociedade. Ao remate da convocatoria a alcaldesa e a concelleira entregáronlles unhas medallas, unha pulseira institucional e un diploma, agradecendo a súa participación nesta actividade e as súas aportacións.

<<< Maio 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal