Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA E O AUDITORIO MUNICIPAL ACOLLEN OS TRABALLOS E ESPECTÁCULOS DE FINAL DE CURSO DAS ESCOLAS CULTURAIS DO PADROADO
A alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, destacou que máis de 1.200 alumnos se matricularon este ano nalgunha das escolas municipais
Narón, 21 de maio de 2025. O Pazo da Cultura e o Auditorio municipal acolle este mes e ata o 8 de xuño as mostras de finais de curso das diferentes escolas do Padroado da Cultura do Concello de Narón. Así o anunciou a presidenta do Padroado e alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, que indicou que actualmente, e ata o vindeiro 1 de xuño, se pode ver nas citadas instalacións municipais unha mostra cos traballos realizados polo alumnado da escola de debuxo. “Máis de 1.200 alumnas e alumnos acudiron este curso ás Escolas Culturais do Padroado da Cultura, onde se oferta unha gran variedade de propostas dirixidas a persoas de todas as idades, a partir de 3 anos, e que son unha das apostas máis importantes nesta área realizadas dende o Concello”, recalcou Ferreiro. Na xornada de hoxe, a maiores, poderase ver no Auditorio municipal, ás 20:30 horas, a obra “Shakespeare fronte ó espello”, unha interpretación de textos de Shakespeare, dirixida por Silvia Casal e protagonizada por alumnado de segundo curso da Escola de Formación de Actrices e Actores de Narón. As mostras continuarán este domingo, día 25, ás 18:00 horas, cos obradoiros teatrais infantís dos grupos do Alto do Castiñeiro, que representará “A casa das nenas mortas” e o grupo da Gándara, con “A chuvia zombi”, en ambos casos con textos de Maite Dacosta. A vindeira semana o luns será o turno dos obradoiros teatrais infantís, nesa ocasión o de Domirón, ás 16:30 horas no Auditorio municipal, e o martes actuará nese mesmo espazo o grupo alumnado de teatro musical do curso Practicum da Escola de Formación de Actrices e Actores, que representarán “Un lugar chamado Broadway”, dirixidos por Bea García e Celia Gómez. O xoves 29 ás 16:00 horas haberá unha mostra dos obradoiros de teatro infantís, que representarán a peza “O circo”, unha creación colectiva; as 17:00 horas “Unha de zombis” e ás 18:00 horas “Plasma solar”, nestes dous últimos casos adaptacións de textos de Pepablo Patinho. O sábado 31 será o turno dos obradoiros de teatro xuvenil, cuxo alumnado se subirá ao escenario do Auditorio municipal para representar ás 19:00 horas “Animais exóticos”, o grupo da Gándara; “Mullerazas”, o da Solaina e ás 20:00 horas “Efecto ballerina”, do grupo de adultos, nos tres casos con textos de Maite Dacosta. Ese mesmo día, o 31 de maio, serán os finais de curso das Escolas de música e baile tradicional, con dous festivais, un ás 16:30 horas e outro ás 19:30 horas, no Pazo da Cultura. Finalmente, o 8 de xuño terá lugar no Pazo o fin de curso de bailes de salón, a partir das 18:00 horas.

<<< Maio 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal