Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CORPORACIÓN LOCAL APROBOU POR UNANIMIDADE INSTAR Á XUNTA A REALIZAR UN PLAN URXENTE DE INVESTIMENTOS NOS COLEXIOS PÚBLICOS DE NARÓN
Dende o grupo de goberno trasladáronse en numerosas ocasións á administración autonómica as múltiples deficiencias que presentan os centros
Narón, 29 de maio de 2025. Os grupos municipais de TEGA, BNG e PSOE presentaron unha moción que foi aprobada por unanimidade e na que esixen á Xunta de Galicia un plan urxente de investimentos nos colexios públicos de Narón. Dende o Concello trasladouse en reiteradas ocasións á Consellería de Educación a deficiente situación na que se atopan os colexios da cidade, entregándolle un dossier no que se detallan. O agravamento da situación no colexio da Gándara fíxose patente cos tres desprendementos de cascotes rexistrados este ano na fachada do edificio, co perigo que iso supón e tamén presenta deficiencias no interior, denunciadas dende 2019, tal e como recordou a edil de Ensino, Olga Ameneiro. Á vista da situación, dende o Concello esixirase á Consellería de Educación unha actuación urxente neste centro –hoxe mesmo anunciaban dende a Xunta que este ano se licitarán as obras- e tamén a elaboración dun plan urxente de investimentos en todos os centros educativos de Narón. No pleno tamén se aprobaron as mocións presentadas polo PP para revisar as obras que se están executando na marxe dereita da estrada que parte da AC-116 en dirección ao convento de Baltar e por unha oferta electoral máis próxima á cidadanía e en igualdade de oportunidades. O BNG presentou no pleno dúas mocións máis, unha sobre o arranxo da praza de Galicia e outra para o protocolo do Concello de limpeza de pintadas e símbolos que incitan ao odio, aprobadas na sesión plenaria. O PSOE presentou unha moción para instar ao goberno de España a destinar parte do aumento do gasto militar a incrementar a carga de traballo e mellorar as instalacións dos estaleiros da ría de Ferrol, que tamén saíu adiante. Os socialistas presentaron tamén outra moción, que se aprobou por unanimidade, solicitando a exposición pública do proxecto de conexión peonil entre río Inxerto e a avenida de Santa Icía, asunto sobre o que o voceiro de TEGA, Román Romero, avanzou que está previsto realizar unha reunión coa veciñanza a finais do vindeiro mes de xuño.

<<< Maio 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal