Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MÁIS DE 400 ESCOLARES DE PRIMARIA PARTICIPAN EN SAÍDAS EN BICI, CHARLAS EDUCATIVAS E EXHIBICIÓNS CANINAS A CARGO DA ASOCIACIÓN DA TERRA-K9
O edil de Seguridade Cidadá. José Oreona, acompañou aos menores nunha destas xornadas
Narón, 3 de xuño de 2025. Un total de 436 alumnas e alumnos de educación primaria de dez centros de ensino de Narón participaron durante este curso escolar nas saídas en bici dirixidas ao colectivo e impulsadas dende a Concellería de Seguridade Viaria, a través do equipo de Educación Viaria de Narón. O concelleiro responsable da área, José Oreona, desprazouse a unha desas saídas e explicou que os menores, no marco desta iniciativa, asisten a unhas charlas impartidas dende a UCBR Da Terra-K9, unha asociación canina sen ánimo de lucro presidida por David Iglesias e con Sonia Fraile como vicepresidenta. Os menores saen dos seus respectivos centros en bici ás 9:30 para regresar ás 12:30 horas. Acompañados de Pedro Caneiro e Sonia López, integrantes do equipo de Educación Viaria do Concello de Narón, diríxense ao parque de Xuvia, o CRA do Val ou Río Seco, en función do centro, onde ás 11:00 horas presencian unha exhibición e charla educativa con cans, a cargo da citada asociación. O adestramento de cans de búsqueda e rescate, a obediencia, agility, modificación de conducta… forman parte dos servizos que ofrecen os profesionais que traballan en Da Terra-K9, con contidos adaptados, como neste caso, ás nenas e nenos. O alumnado de primeiro a sexto de educación primaria dos colexios de Piñeiros, O Feal, Jorge Juan, Ayala, Santiago Apóstol, Ponte de Xuvia, CRA do Val, A Gándara, Virxe do Mar e A Solaina é, durante dez días, repartidos dende o pasado 8 de maio e ata o vindeiro 12 de xuño, o destinatario desta iniciativa. “Consideramos que estas rutas representan unha moi boa oportunidade para que os escolares participen nunha iniciativa encamiñada a fomentar a mobilidade activa, o coñecemento das normas de seguridade viaria, o noso entorno e, ao mesmo tempo, teñan a oportunidade de coñecer o traballo da asociación Da Terra-K9, no que incide na importancia do respecto e o benestar animal, o coidado dos cans, a convivencia en harmonía e, en definitiva, coñecer o traballo que realiza esta asociación, á que agradecemos dende o Concello a súa colaboración, coma nesta ocasión”, apuntou Oreona.

<<< Xuño 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
naron.gal