Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA RECIBIU HOXE NO CONCELLO Á NOVA COMISARIA DE FERROL-NARÓN, CRISTINA OCHOA
Marián Ferreiro estivo acompañada polo concelleiro de Seguridade Cidadá, José Oreona, e o xefe da Policía Local de Narón, Eduardo Pita
Narón, 5 de xuño de 2025. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, recibiu hoxe no Concello á nova comisaria de Ferrol-Narón, Cristina Ochoa, na que foi a primeira visita institucional a Narón. Na reunión estiveron tamén presentes o concelleiro de Seguridade Cidadá, José Oreona, o xefe da Policía Local de Narón, Eduardo Pita, e o comisario principal xefe provincial Carlos Gómez. A rexedora local deu a benvida á nova comisaria e ofreceu toda a colaboración do Concello para continuar traballando polo benestar da cidadanía. Ferreiro destacou a importancia da colaboración e coordinación que manteñen os Corpos da Policía Nacional e Local de Narón e valorou as xuntanzas que periodicamente se celebran para analizar diferentes asuntos vencellados á área de seguridade.

<<< Xuño 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
naron.gal