Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PADROADO DA CULTURA E A AGRUPACIÓN CULTURAL MUSICAL SEMENTEIRA ORGANIZAN MÚSICA NAS PRAZAS COA XOVE BANDA DE NARÓN
A alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, avanzou que as actuacións serán os días 14, 21 e 28 deste mes
Narón, 10 de xuño de 2025. O Padroado da Cultura de Narón e a Asociación Cultural Musical Sementeira organizan Música nas prazas, unha iniciativa protagonizada pola Xove Banda de Narón e que levará durante tres sábados deste mes a música a outros tantos espazos públicos da cidade. Así o avanzou a alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, que destacou que se trata dunha convocatoria “que permite descentralizar nesta tempada unha actividade cultural e, ao mesmo tempo, facer que as nosas veciñas e veciños poidan desfrutar da música da Xove Banda de Narón en espazos públicos”. A organización conta coa colaboración da Deputación da Coruña nesta convocatoria. A programación dará comezo este sábado na praza da Gándara e continuará o día 21 na praza de Galicia, para rematar o 28 deste mes na praza de Tranvías. En todos os casos, tal e como se recordou, as actuacións serán dende as 11:30 ata as 13:30 horas. Dende o Concello destacouse o labor da Xove Banda de Narón, a agrupación musical con máis traxectoria da Asociación Cultural Musical Sementeira.

<<< Xuño 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
naron.gal