Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ANDAINA SOLSTICIAL ABRIRÁ MAÑÁ OS ACTOS DA PROGRAMACIÓN DA RECREACIÓN DAS LENDAS DA PENA MOLEXA
As persoas que o desexen poderán participar na camiñata entre o convento de Baltar e a Pena Molexa
Narón, 12 de xuño de 2025. A tradicional andaina solsticial, unha ruta a pé entre o convento de Baltar e a Pena Molexa, arrancará mañá pola noite, a partir das 22:30 horas, os actos da programación da Recreación das Lendas da Pena Molexa, na parroquia do Val. As persoas que desexen asistir poden facelo, e portarán fachos para alumear o percorrido á medida que avanzan polo traxecto. O Concello e a AVV “Os Irmandiños” do Val organizan a convocatoria en colaboración coa administración provincial. A programación continuará o vindeiro sábado, día 21, cos actos centrais desta covocatoria. Ás 18.00 comezará unha sesión de xogos tradicionais e ás 22:00 haberá un concerto a cargo do grupo galego de música folk Milladoiro. As persoas que o desexen, poderán cear na zona, onde ás 20:00 horas haberá un posto de venda de churrasco e tamén bocatas Molexos preparados para a ocasión. Os tickets estarán á venda ese mesmo día na zona do evento. A Lenda da Fada da Pena Molexa representarase ás 00:00 horas, recordando un ano máis a historia dunha moura que pola noite se convertiu en rocha, coincidindo co solsticio de verán. A actuación do Grupo de Gaitas do Padroado da Cultura de Narón, a partir das 00.30 horas, pechará a programación deste ano.

<<< Xuño 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
naron.gal