Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONVOCA UNHA REUNIÓN INFORMATIVA SOBRE O PROXECTO DE CONEXIÓN PEONIL DO RÍO INXERTO E A AVENIDA DE SANTA ICÍA
A convocatoria terá lugar o 26 de xuño no centro cívico social da Solaina, a última hora da tarde
Narón, 20 de xuño de 2025. O centro cívico social da Solaina acollerá o vindeiro xoves, día 26, unha reunión informativa sobre as obras de conexión peonil do Río Inxerto e a avenida de Santa Icía. A convocatoria dará comezo ás 20:30 horas e durante a mesma persoal do equipo redactor do proxecto explicará os pormenores da actuación ás persoas que acudan. A materialización dos traballos previstos permitirá crear un itinerario peonil e accesible entre o paseo do río Inxerto, lindeiro con Ferrol, e a avenida de Santa Icía, tal e como se contempla no documento que se presentará na citada convocatoria. A intervención está enmarcada no Plan director do barrio da Solaina e a través deste proxecto defínense as obras que se prevén levar a cabo para conectar a avenida de Santa Icía co río Inxerto, entre elas a rúa Reis Católicos (na súa totalidade), a continuación dos espazos peonís na marxe oeste da rúa Francisco Pizarro (entre Reis Católicos e Cristóbal Colón) e na marxe norte da Cristóbal Colón (entre a Francisco Pizarro e a Martín Códax). A conexión de espazos públicos nesa zona e de equipamentos permitirá reforzar tamén a conectividade para os peóns, facendo un núcleo máis humanizado, con percorridos máis accesibles. A renovación de pavimentos, fomentar os espazos peonís, incluír vexetación e mobiliario urbano e a renovación puntual de instalacións e infraestruturas ubicadas neses espazos centrarán parte das actuacións previstas. As obras proxectadas requiren dunha intervención integral, neste caso no núcleo urbán, para mellorar tamén a seguridade para os usuarios e usuarias das vías e espazos obxecto da actuación.

<<< Xuño 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
naron.gal