MINUTO DE SILENCIO POLAS DÚAS ÚLTIMAS VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO EN GALICIA, MARISOL COSTA E MARITZA HELLEN
Integrantes da corporación local, coa alcaldesa, Marián Ferreiro, á fronte, amosaron a súa repulsa ante os casos rexistrados na Coruña e en Pontevedra
Narón, 20 de xullo de 2025. A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu este mediodía, ás 12.00, a concentración convocada ante o Consistorio na que se gardou un minuto de silencio en condena do crime machista que lle custou a vida ás dúas últimas vítimas de violencia de xénero en Galicia, Maritza Hellen, no barrio da Sagrada Familia da Coruña, e Marisol Costa, en Campo Lameiro (Pontevedra), ambas de 49 anos.
No transcurso da convocatoria, á que acudiron representantes da corporación local e persoal do Concello, gardouse un minuto de silencio en repulsa da violencia e como mostra de solidariedade coa familia e amizades das vítimas. Os asistentes portaron unha pancarta co lema: “Contra a violencia de xénero” en repulsa e condena deste tipo de violencia.