Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO XEOLOCALIZOU AS 423 FOGUEIRAS QUE SE COMUNICARON PARA REALIZAR OS DÍAS DE SAN XOÁN E SAN PEDRO
A finalidade é que os servizos de emexencias dispoñan da información necesaria ante posibles emerxencias
Narón, 22 de xuño de 2025. O Concello recibiu un total de 423 comunicacións para realizar lumieiras nas noites de San Xoán e San Pedro. Unhas comunicacións que inclúen as que se levarán a cabo en espazos privados e tamén nos públicos e que dende o departamento municipal de Estatística se xeolocalizaron co fin de que os servizos de emerxencias poidan dispoñer da información precisa e inmediata de cada unha delas. A finalidade é que os citados servizos poidan acceder a eses datos con maior axilidade e precisión posible no caso de que fose necesario acudir ante posibles incidencias. O visor permite acceder ao punto exacto da fogueira introducindo calquera destes datos: ubicación da parcela (rúa, referencia catastral), nome e apelidos ou teléfono da persoa responsable. Dende o Concello emitiuse un bando asinado pola alcaldesa, Marián Ferreiro, no que se informa que tanto en San Xoán como en San Pedro se poderán acender a partir das 20:00 horas e deberán extinguirse antes das 3:00 horas, debendo deixar a zona limpa de calquera residuo e o lume completamente extinguido. Así mesmo, incídese en que non poderán superar os cinco metros de altura e os tres de diámetro e no feito de que deben estar alonxadas un mínimo de 30 metros das vivendas, vehículos, instalacións, tendidos eléctricos ou telefónicos e zonas vexetais, entre outros requisitos, para garantir a seguridade. Ante calquera posible incidencia deberase chamar o antes posible ao servizo de Emerxencias 112.

<<< Xuño 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
naron.gal