Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ACOLLEU UNHA NOVA REUNIÓN DA MESA LOCAL DE COORDINACIÓN INTERINSTITUCIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
A concelleira de Igualdade, María Lorenzo, presidiu a convocatoria, na que se abordaron diferentes asuntos relacionados coa violencia
Narón, 3 de xullo de 2025. A concelleira de Igualdade, María Lorenzo, presidiu hoxe a Mesa local de coordinación interinstitucional contra a violencia de xénero programada para este mediodía no Concello. A maiores de persoal do Servizo Sociocomunitario municipal do Consistorio acudiron á convocatoria Clara Vilariño López, responsable do SOX do Colexio de Abogados de Ferrol; Guadalupe Lorenzo, Inspectora xefa da UFAM da Comisaría de Ferrol-Narón; Juan José Castro, Brigada da policía xudicial e Inspector Xefe –unha nova incorporación á Mesa de coordinación- e Juan Delgado, Oficial da Policía Local de Narón. Trala aprobación da acta da sesión anterior, no encontro informouse sobre a Caixa de ferramentas que ofrece a Xunta de Galicia para coordinar este tipo de mesas co fin de dinamizalas. Así mesmo, falouse do centro de atención 24 horas contra a violencia, operativo en Ferrol dende o pasado mes de decembro e dispoñible para as mulleres maiores de quince anos, que poden recurrir aos seus servizos sen necesidade de ter presentada previamente unha denuncia. Asesoría xurídica, atención psicolóxica e un área de traballo social forman parte das accións que se levan a cabo a través do centro, coordinado por Clara Vilariño. Dende a policía local e nacional expuxéronse algúns casos e situacións coas que se traballa dende os citados Corpos, que se analizaron conxuntamente. A reunión rematou emprazando ao colectivo para unha nova xuntanza, unha vez que se avance nos novos recursos que se prevén poñer a disposición da cidadanía para atender ás vítimas de violencia.

<<< Xullo 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal