Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAZO DA CULTURA ACOLLEU O ACTO DE ENTREGA DE DIPLOMAS DO PROGRAMA MUNICIPAL DE APOIO PARA A INCLUSIÓN SOCIAL DAS MULLERES
A concelleira de Igualdade, María Lorenzo, participou no acto de entrega dos diplomas de tres cursos
Narón, 4 de xullo de 2025. A concelleira de Igualdade, María Lorenzo, participou esta semana no acto de entrega dos diplomas dos cursos do Programa municipal de apoio para a inclusión social a mulleres do Concello. O Café Teatro do Pazo da Cultura acolleu a convocatoria na que algunhas das 67 participantes –todas elas empadroadas en Narón- nos tres cursos impartidos recolleron os seus diplomas con motivo da finalización destas accións. Volve á clase, Apodérate e Habilidades profesionais e introdución ás novas tecnoloxías son os cursos que se impartiron, na Casa da Mocidade e no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, entre outubro do ano pasado e xuño deste ano. “A través deste programa tratamos de acompañar ás participantes no seu proceso educativo e, ao mesmo tempo, promover que desenvolvan habilidades que lles permitan avanzar na aprendizaxe dos contidos que favorezan o seu desenvolvemento social, persoal e laboral”, apuntou a edil. A concelleira felicitounas por rematar estes cursos, pensados especificamente para o colectivo, e animounas a continuar formándose “co fin de acadar esa tan necesaria plena inclusión social”.

<<< Xullo 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal