Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA RECIBIU HOXE NO CONCELLO A FORMACIÓNS QUE ACTUARÁN ESTA NOITE NO XXXIV FESTIVAL INTERNACIONAL DE FOLCLORE
A convocatoria, tal e como recordou Marián Ferreiro, trasaldouse ao Pazo da Cultura
Narón, 19 de xullo de 2025. A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu esta mañá no Concello o acto de recepción de formacións que esta noite actuarán no Pazo da Cultura no marco do XXXIV Festival Internacional de Folclore organizado polo Padroado da Cultura. Os edís Eugenio Carballeira e Jorge Ulla acudiron á convocatoria, na que estiveron presentes representante de Coros y Danzas Castiella, de Valladolid; do Grupo Folklórico Kapusankan, de Eslovaquia e do Conjunto de Proyecciones Folklóricas Dora Pérez de Zárate, de Panamá, acompañados por integrantes do Grupo de Baile e Música Tradicional Alxibeira, que xunto coa Banda de Gaitas actuarán de anfitrións. Non puideron participar na convocatoria, ao estar aínda de viaxe, os integrantes da Academia é Jazzy Dance Studios, de Angola. A rexedora local foi a encargada de darlles a benvida aos asistentes e conversar con eles para coñecer de primeira man parte da historia das agrupacións. Así mesmo, agradeceulles a súa asistencia ao Festival Internacional de Folclore de Narón e tamén destacou o labor que, co fin de convocalo ano tras ano, se realiza dende Alxibeira e o Padroado da Cultura de Narón. Unha vez que tomaron a palabra as agrupacións, todas elas seguraron estar “encantadas” de poder participar nesta convocatoria e de poder estar en Narón. Nalgúns casos, como Eslovaquia, despois de tres días de viaxe en autobús -con paradas en Italia e Francia- ou, no caso do grupo panameño, de máis de trinta horas de voos e esperas nos aeroportos. Marián Ferreiro entregoulles uns agasallos institucionais -un libro con imaxes de Narón e unhas figuras de artesanía de Galicia- e os convidados corresponderon con outros regalos propios dos seus países. Finalmente, realizaron unha imaxe de grupo no salón de plenos do Concello para inmortalizar a súa visita ao Consistorio.

<<< Xullo 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal