Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE ESTARÁ TRES DÍAS DA VINDEIRA SEMANA NA CIDADE
O vehículo estará o luns e o martes ao carón do novo centro de saúde e o xoves nas inmediacións da praza da Gándara
Narón, 24 de xullo de 2025. Baixo o lema “Este verán, antes de viaxar doa sangue”, unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará o vindeiro luns, martes e xoves na cidade. Dende ADOS recordaron que cada día 10 unidades percorren Galicia para facilitar as doazóns e informan que na nosa comunidade son precisas máis de 400 doazóns de sangue ao día, para poder atender as necesidades dos hospitais. Esa media de atención, indican, é de 2.800 urxencias, 800 intervencións cirúrxicas, un transplante de órganos, 1.600 atencións nos hospitais de día e moitas persoas con cancro e leucemia que precisan compoñentes do sangue (de cada doazón obtéñense tres compoñentes para o tratamento de diferentes enfermidades). O luns e o martes da vindeira semana a unidade móbil localizarase nas inmediacións do novo centro de saúde, en horario de mañá e tarde, de 9:30 a 14:30 e dende as 15:30 ata as 21:00. Na xornada do xoves 31 a unidade estará nas inmediacións da praza da Gándara, nese mesmo horario de mañá e tarde. As persoas que acudan a doar a primeira hora deben almorzar pola mañá e no caso de facelo despois de xantar ao mediodía, esperar dúas horas para facelo. Así mesmo, deben levar a tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ao médico se se está tomando algún medicamento. Dende ADOS informouse que as persoas que queiran consultar posibles dúbidas sobre a doazón de sangue e a localización das unidades móbiles poden chamar, de balde, ao número de teléfono 900 100 828 (de balde).

<<< Xullo 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal