Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
TEGA, BNG E PSOE APROBARON NO PLENO UNHA MOCIÓN INSTANDO Á XUNTA A NON RECORTAR PROFESORADO NIN UNIDADES DOS COLEXIOS DA GÁNDARA E DA SOLAINA
Na sesión saíron adiante as festividades locais de 2026, o 17 de febreiro, Martes de Entroido, e o 23 de novembro, Día de Narón
Narón, 31 de xullo de 2025. Na sesión plenaria celebrada esta mañá no Concello aprobouse por unanimidade o convenio de colaboración entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello para a xestión e o cofinanciamento da escola infantil de Xuvia, que permanecerá en vigor dende o 1 de setembro deste ano ata o 31 de agosto de 2029. O centro ten unha capacidade máxima de seis unidades e 82 prazas en conxunto, sendo o importe máximo do gasto de 123.000 euros por ano, tal e como se recolle no acordo. Aprobáronse tamén esta mañá por unanimidade no pleno os festivos locais correspondentes ao vindeiro ano, que serán o 17 de febreiro, Martes de Entroido, e o 23 de novembro, Día de Narón. Así mesmo, aprobouse de xeito definitivo a modificación dalgúns artigos da ordenanza sobre protección e tenza de animais de compañía e animais potencialmente perigosos, tras resolver as alegacións presentadas ao documento. No apartado de mocións, saíron adiante as dúas presentadas polo BNG, unha para abrir o proceso de subvencións por carácter competitivo e nominativas mediante un modificado de crédito e outra instando á Consellería de Educación a non recortar en profesorado e unidades nos colexios da Gándara e da Solaina. O PP presentou unha moción sobre o financiamento da atención á dependencia e outra sobre as obras da rede de sumidoiros no núcleo de Aldea de Ferrerías, na estrada do Trece, ambas tamén aprobadas na sesión plenaria. Pola súa banda, o PSOE presentou tamén dúas mocións, unha conxunta co PP e o BNG sobre as obras de consolidación e ampliación da moenda de Castro e outra unicamente dos socialistas sobre a modificación da ordenanza que regula a taxa pola celebración de matrimonios civís en Narón. Neste caso tamén saíron adiante as dúas mocións. No caso da primeira delas, dende o goberno local recordouse que o proxecto de urbanización e as licencias son actos regrados e que paralizar as obras dun proxecto aprobado e firme é ir contra a lei. O proxecto aprobouse no ano 2022 e contou con publicidade a través do Boletín Oficial da Provincia da Coruña, do taboleiro de anuncios do Consistorio, do xornal de maior tirada na zona e foi notificado a afectados/as polas obras

<<< Agosto 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal