ÚLTIMOS DÍAS PARA PREINSCRIBIRSE EN TRES ACCIÓNS FORMATIVAS DO SISTEMA DE FORMACIÓN PROFESIONAL DE GRAO C DIRIXIDAS A PERSOAS DESEMPREGADAS
As formacións diríxense a persoas desempregadas, tal e como se recordou dende o Consistorio
Narón, 6 de agosto de 2025. As persoas interesadas en preinscribirse nos cursos de Montaxe de moble e elementos de carpintería (538 horas, código MAMR0108), con datas previstas de realización do 8 de agosto deste ano ao 17 de marzo de 2026; Xestión de residuos urbanos e industriais (468 horas, código SEAG0108), do 28 de outubro deste ano ao 24 de marzo de 2026 –ambos de nivel 2- e Emprego doméstico (278 horas, código SSCI0109) –nivel 1-, do vindeiro 22 de decembro ao 24 de marzo de 2026 poden aínda facelo a través da web: diplos.xunta.gal ou acudindo directamente ao entrechán do Concello ou ao Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara.
O Concello de Narón solicitará á Consellería de Emprego, Comercio e Emigración o financiamento de cinco accións formativas do Sistema de formación profesional de grao C, para persoas traballadoras desempregadas, entre as que se encontran as tres anteriormente mencionadas e dúas máis de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (528 horas, código SSCS0208) e a impartir entre o 13 de novembro deste ano e o 24 de abril de 2026 e Soldadura por arco baixo gas protector con electrodo consumible, soldeo MIG/MAG (568 horas, código FMEC0119), do 1 de decembro deste ano ao 22 de maio de 2026.
Os cursos impartiranse en modalidade presencial, en horario de mañá, de 5 horas ao día e con 15 prazas para cada curso. Dispoñen de formación en empresa e curso básico de prevención de riscos laborais de 60 horas de duración. O perfil requirido ao alumnado, varía segundo o nivel de CP da formación, pero todas as persoas que se inscriban, teñen que constar como persoas demandantes de emprego no SEPE. O Nivel 1 de cualificación non require ao alumnado formación académica previa, pero o Nivel 2, si require dispor da titulación da ESO, Competencias Clave de Nivel 2 e outras titulacións.
Estas formacións, se son concedidas, son de balde para as persoas participantes. Os teléfonos de contacto para recibir máis información son o 981-333135 ou 981-337700, (ext. 2602). Tamén se pode solicitar máis información a través do correo electrónico: a.alvarez@naron.gal.