Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PADROADO DA CULTURA ABRIRÁ EN SETEMBRO O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS ESCOLAS CULTURAIS MUNICIPAIS
O prazo establecido é do 1 ao 20 de setembro, tal e como informou a alcaldesa e presidenta do Padroado, Marián Ferreiro
Narón, 13 de agosto de 2025. O Padroado da Cultura abrirá o vindeiro 1 de setembro o prazo de inscrición nas Escolas Culturais Municipais. Así o anunciou a alcaldesa da cidade e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, recordando que poden tramitarse nas oficinas do Pazo da Cultura, de luns a venres entre as 9:00 e as 13:30 e de 17.00 a 19.00 horas e tamén os sábados de 10.00 a 13.00. As escolas tradicionais, artísticas e Escola de Formación de Actrices e Actores de Narón son as opcións dispoñibles, cun período lectivo fixado dende o 6 de outubro deste ano ata o 31 de maio de 2026. As Escolas Tradicionais ofertan clases de Danza tradicional, Canto e pandeireta (a partir de 5 anos); Gaita, Percusión tradicional (a partir de 6 anos); Acordeón, Zanfona (dende os 8 anos); Construción de instrumentos (a partir de 16 anos) e, O Recuncho dos Pequechos (de 3 a 4 anos). A maiores, nas Escolas Artísticas hai as opcións de Debuxo (a partir de 6 anos) e Teatro (a partir de 4 anos) e na Escola de Formación de Actores e Actrices, o primeiro curso (a partir de 16 anos), segundo e terceiro e o Practicum. Outra das modalidades das Escolas Culturais Municipais do Padroado da Cultura é Bailes de salón (a partir de 4 anos), que ofrece baile de salón, baile deportivo, caribeños e danza coreográfica. As inscricións poderán formalizarse ata o 20 de setembro, incluido e haberá tamén un período para os cursos nos que haxa vacantes no que tamén se poderán realizar, do 1 ao 15 de decembro. Os importes a abonar son os establecidos na ordenanza fiscal vixente do Padroado da Cultura.

<<< Agosto 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal