PUBLICADA A LISTAXE DO ALUMNADO ADMITIDO NO SERVIZO DE MADRUGADORES DE CENTROS DE ENSINO DE NARÓN
A información pode consultarse a través da Sede Electrónica do Concello de Narón, tal e como indicou a edil de Ensino, Olga Ameneiro
Narón, 3 de setembro de 2025. A Sede Electrónica do Concello de Narón publicou a listaxe da relación do alumnado admitido no servizo de madrugadores para centros de ensino de Narón. Poderán acceder ao servizo durante o curso escolar 2025-2026 un total de 135 usuarias e usuarios –algúns deles teñen pendente a entrega de documentación requerida-. A listaxe ao completo pode consultarse a través do enlace: https://tinyurl.com/3ac5y6kj, tal e como informou a concelleira de Ensino, Olga Ameneiro.
O servizo de madrugadores contará con 20 usuarios no colexio da Solaina, 8 no Ponte de Xuvia, 25 no Virxe do Mar, 35 na Gándara, 21 no Feal, 16 en Piñeiros e 10 no CRA de Narón. O prezo do servizo é o regulado e aprobado por acordo plenario no ano 2024, cun custe de 38,72 euros ao mes ou 3,50 euros ao día segundo a asistencia fixa ou esporádica respectivamente e con posibles reducións no prezo en caso de solicitar e concederse as bonificacións establecidas para usuarios/as fixos/as na ordenanza reguladora do prezo público pola prestación do servizo de madrugadores.