Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PRAZO DE INSCRICIÓN NO ESCAPE ROOM "ESCÁNDALO NA BIBLIOTECA" ABRIRÁ MAÑÁ
A concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, indicou que a proposta terá lugar este sábado
Narón, 8 de setembro de 2025. A Biblioteca municipal retomará este sábado, día 13, a programación infantil. Así o anunciou a concelleira responsable da área, Olga Ameneiro, que indicou que a primeira actividade será “Escándalo na Biblioteca”, un xogo de escape room pensado para menores a partir de 8 anos e que dará comezo ás 11:00 horas. Os nenos e nenas convertiranse por unhas horas en detectives para resolver un estraño caso que sacudiu á Aula Marabilla do colexio Fantasía. O grupo foi á Biblioteca para asistir a un espectáculo do Mago X pero algo saíu mal, a luz marcha varias veces e de repente todo aparece revolto. A través deste xogo buscaranse mentes brillantes e valentes para descubrir a identidade do ou da culpable. As persoas interesadas en anotarse poderán facelo a partir de mañá ás 16:00 horas na Biblioteca, de xeito presencial ou chamando ao número de teléfono 981 382 173. Os menores deben ter os oito anos cumpridos e o carné da Biblioteca sen sancións pendentes. A actividade está cofinanciada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, dentro do programa Ler conta moito.

<<< Setembro 2025 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal