Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
APROBADA POR UNANIMIDADE A MODIFICACIÓN DO PLAN ESTRATÉXICO DE SUBVENCIÓNS QUE INCLÚE AS AXUDAS A DEPORTISTAS DE ELITE
Na sesión saíu tamén adiante un investimento de 273.440 euros para mellorar a accesibilidade nas rúas da urbanización do Couto
Narón, 9 de setembro de 2025. A corporación local aprobou por unanimidade nunha sesión plenaria que se celebrou esta mañá con carácter extraordinario a modificación do Plan Estratéxico de Subvencións do Concello. No mesmo contémplase unha liña específica, entre outras, para o deporte, que inclúe subvencións para deportistas de elite, a asociacións que fomenten o deporte e da promoción do deporte. A contía total para tres anualidades e as nove liñas de actuación do PES supera os 3,2 millóns de euros. Nesa mesma modificación do PES recóllese o incremento das contías subvencionadas a diferentes entidades, como Acción Familiar (AFA), a Asociación de Pais de Nenos con Problemas Psicosociais (Aspaneps), a Confederación Galega de Minusválidos (Cogami) e a Asociación BBTTA. A maiores, incorpóranse dúas novas liñas estratéxicas e de subvención, para a promoción do medio ambiente e voluntariado. Na sesión plenaria saíu tamén adiante, cos votos de TEGA, PP e PSOE, a participación do Concello na segunda fase do POS+ adicional da Deputación da Coruña, no que se contempla destinar 273.440 euros á mellora da accesibilidade nas rúas da urbanización do Couto.

<<< Setembro 2025 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal