Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CAFÉ TEATRO DO PAZO ACOLLERÁ UNHA XORNADA DE PRESENTACIÓN DO PROXECTO "COMPOSTAXE DESCENTRALIZADA E INSERCIÓN SOCIOLABORAL"
O edil de Medio Ambiente e Servizos, Manuel Ramos, informou que a convocatoria será o día 17 deste mes ás 17:00 horas
Narón, 12 de setembro de 2025. O Concello de Narón colabora con Seitura 22 no proxecto de cooperación “Compostaxe descentralizada e inserción sociolaboral”. Unha das iniciativas que se porá en marcha con cargo a este proxecto, tal e como indicou o edil de Medio Ambiente, Manuel Ramos, é unha xornada de presentación do mesmo, que terá lugar o vindeiro mércores, día 17, no Café Teatro do Pazo a partir das 17:00 horas. A convocatoria diríxese ás persoas interesadas na compostaxe comunitaria, máis concretamente ás entidades sociocomunitarias do territorio e entidades do terceiro sector. Profesionais na materia explicarán aos asistentes as diferentes actuacións que contempla o proxecto e tamén se darán a coñecer experiencias de compostaxe comunitaria.

<<< Setembro 2025 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal