Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ O VINDEIRO MARTES O PRAZO DE INSCRICIÓN NO CURSO DE "REPOSICIÓN, CAIXA E ATENCIÓN SECCIÓN SUPERMERCADOS"
A concelleira de Formación, Natalia Hermida, indicou que esta acción formativa se desenvolverá do 5 de novembro ao 2 de decembro deste ano
Narón, 21 de setembro de 2025. A concelleira de Formación, Natalia Hermida, informou que o Concello abrirá este martes, día 23, ás 8:30 horas o prazo de inscrición nun novo curso do Programa municipal de Formación sobre “Reposición, caixa e atención seccións supermercados”. A edil naronesa recordou que se dirixe a persoas maiores de 18 anos, empadroadas en Narón e desempregadas, ofertándose 15 prazas que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. Poderán anotarse persoas doutros concellos, que accederán á acción formativa no caso de que queden vacantes. As inscricións poden tramitarse ata o 29 de setembro ás 13:00 horas a través da Sede Electrónica do Concello, do Rexistro municipal, ou mediante os restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. O curso terá unha duración total de 210 horas, que se prevén impartir do 6 de outubro ao 2 de decembro deste ano –de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas- no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara. Inclúe unha parte de prácticas profesionais non laborais en empresas (100 horas en total), cinco horas ao día, que se desenvolverán do 5 de novembro ao 2 de decembro nun horario que se determine. O alumnado acudirá a clases de Adaptación ao posto de traballo; Prevención de riscos laborais específicos do posto de traballo; Comunicación e atención á clientela; Loxística e técnicas de venda; Procedementos de cobro e pago das operacións de venda, e Organización, distribución e reposición de produtos, Promoción do punto de venda, entre outros. As persoas interesadas en obter máis información poden facelo a través da Sede Electrónica do Concello ou contactando co Servizo Sociocomunitanio no teléfono 981 337 700 (extensións: 1108 e 1109).

<<< Outubro 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal