Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA UN OBRADOIRO DE CREACIÓN DE CONTIDOS DIXITAIS EN GALEGO
A concelleira de Política Lingüística, María Lorenzo, informou que a iniciativa se enmarca no proxecto Youtubeiras +
Narón, 23 de setembro de 2025. O Concello de Narón organiza un obradoiro de creación de contidos dixitais en galego para aquelas persoas maiores de 16 anos que queiran comezar a crear contido de calidade con impacto e estratexia nas redes sociais. Así o avanzou a edil de Política Lingüística, María Lorenzo, que informou que as encargadas de impartilo serán Nuria Espasandín, de Toxío e Laura Veiga, de Pingando. A iniciativa desenvolverase no centro cívico social do Alto, o xoves 9 de outubro de 18:00 a 19:40 horas e nel traballaranse contidos como a identidade dixital, análise de contidos e tendencias, estratexia e planificación, técnicas para mellorar a calidade dos contidos ou interacción e construción de comunidade e daranse a coñecer o proxecto Youtubeiras+ e o seu certame, impulsores desta xornada formativa. Para poder participar é preciso enviar previamente unha solicitude ao correo electrónico a.pita@naron.gal na que consten os seguintes datos: nome e apelidos da persoa participante, enderezo electrónico e teléfono de contacto. Os/as menores de idade teñen que enviar, ademais, unha autorización asinada polo pai/nai ou titor/a legal para poder asistir. O proxecto Youtubeiras +, no que participan os servizos de normalización lingüística de dez concellos, entre eles o de Narón, das tres universidades galegas e da Deputación da Coruña, ten como finalidade estimular a creación en galego nas redes sociais con temáticas e formatos diversos, así como promover e visibilizar os diferentes perfís de persoas creadoras na Rede. Pódese consultar toda a información sobre Youtubeiras +, o seu certame e os obradoiros de creación de contidos na web www.youtubeiras.gal.

<<< Outubro 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal