O CONCELLO DENUNCIA DANOS EN VARIAS ÁRBORES E PLANTAS ORNAMENTAIS DA AVENIDA DA SOLAINA
Dende o Consistorio apelouse ao civismo e incidiuse en que estas condutas atentan contra o medio ambiente
Narón, 25 de setembro de 2025. Varios loureiros e especies ornamentais de loropétalum e abelias resultaron danados tras esparcir sal sobre o terreo no que medraban, na avenida da Solaina. Dende o Consistorio denúncianse este tipo de actos vandálicos, que atentan contra o mobiliario urbán e que son sancionables por ese mesmo motivo.
Así mesmo, laméntase “o incivismo da persoa ou persoas que se adican a realizar este tipo de actos” e solicítase a colaboración cidadá “para que non se repitan e tampouco queden impunes por ser, a maiores, un acto contra o medio ambiente”.