Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ENTREGARÁ NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS FOLLETOS COAS TRADICIÓNS DO OUTONO
A concelleira de Política Lingüística, María Lorenzo, avanzou que tamén se repartirán este ano outros sobre o 23 de novembro, Día de Narón, e o Nadal
Narón, 15 de outubro de 2025. A concelleira de Política Lingüística, María Lorenzo, informou que este venres se entregarán nas tres escolas infantís municipais –A Solaina, A Gándara e Piñeiros- folletos de “Tradicións do outono”, publicacións enmarcadas na iniciativa As nosas tradicións. A edil naronesa indicou que se editaron outras dúas publicacións con motivo do 23 de novembro, Día de Narón –que se repartirán o día 21 dese mes- e do Nadal –para entregar o 18 de decembro-. O Magosto e as castañas, O Samaín e a esfolla centran este primeiro folleto, no que se informa sobre estas tradicións culturais e tamén como se celebran na cidade, no caso do magosto en varias parroquias e barrios e no do Samaín e a esfolla con festividades programadas conxuntamente dende o Padroado da Cultura e as entidades veciñais de San Mateo e A Naveira de Doso, respectivamente. “Queremos amosarlles ás familias das escolas infantís municipais as tradicións máis emblemáticas e como as celebramos en Narón, facilitándolles información a través deste novo recurso e, ao mesmo tempo, achegándoas ao programa Apego, de socialización de nenas e nenos en galego”, explicou María Lorenzo. As tradicións, curiosidades, a nosa lingua, recursos… forman parte dos contidos destes folletos que se entregarán nos citados centros, comezando polas celebracións do outono.

<<< Outubro 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal