Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA RECIBIU NO CONCELLO AOS TRES NOVOS AXENTES QUE SE SUMAN AO PLANTEL DA POLICÍA LOCAL
Marián Ferreiro e o concelleiro de Seguridade Cidadá, José Oreona, conversaron cos axentes no salón de plenos
Narón, 15 de outubro de 2025. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, José Oreona, recibiron institucionalmente aos tres novos axentes da Policía Local que se suman ao plantel do Corpo na cidade, tras realizar a pertinente formación teórica e as prácticas. No acto estiveron tamén presentes o xefe da Policía Local de Narón, Eduardo Pita, e o Oficial do citado Corpo, José Antonio Carballido. Un dos axentes, Álvaro Grueiro González, chega a Narón despois de exercer en Vilagarcía de Arousa, se ben Patricia Blanco Carballo e Juan Sánchez Sanjurjo asinaron a súa toma de posesión como funcionarios de carreira tras rematar o curso na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP). A rexedora local deulles a benvida á cidade e interesouse polo seu período formativo, conversando tamén cos novos axentes sobre a cidade e desexándolles moitos éxitos no seu labor para contribuír a garantir a seguridade cidadá. O plantel da Policía Local de Narón, coa incorporación destes axentes, alcanza as 40 persoas, 37 homes e tres mulleres.

<<< Outubro 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal