O CONCELLO DE NARÓN ACOLLE A FEIRA DE PRODUTOS DE COMERCIO XUSTO #AQUIEACOLÁXUSTO
        
          
             
          
          O concello acolle unha feira de produtos de comercio xusto no marco da campaña Aquí e Acolá O Xusto, que terá lugar o vindeiro luns 3 de novembro na Praza da Gándara entre as 16:00h e as 19:00h. 
          Esta feira chega a Narón da man de Solidariedade Internacional de Galicia coa fin de seguir espallando a súa mensaxe: promover unhas relacións comerciais máis xustas entre países respectando os dereitos humanos. 
Os e as asistentes á feira #AquíeAcoláOXusto poderán achegarse á realidade que existe detrás de algúns dos alimentos que consumimos no noso día a día como o azucre, o cacao ou o café. A través desta actividade, Solidariedade Internacional de Galicia proporciona información a cerca da súa orixes, produción, comercialización, características e variedades, así como dos problemas aos que os produtores e produtoras se enfrontan ata que esta mercancía chega as nosas mans. Ademais os/as asistentes tamén poderán degustar variedades de café, cacao e azucre.
A campaña Aquí e Acolá O Xusto de Solidariedade Internacional de Galicia nace para sensibilizar á poboación sobre as desigualdades sociais que provoca o comercio internacional e achegar alternativas de consumo máis sostibles que respecten os dereitos humanos de todas.