Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A COPA 5x5 DE BALONMÁN NA RÚA CHEGA ESTA FIN DE SEMANA A NARÓN
A Copa 5×5 de Balonmán na Rúa da Deputación da Coruña corverterá esta fin de semana o Concello de Narón nunha auténtica festa do balonmán e do deporte base. O evento celebrarase entre o venres 7 e o domingo 9 de novembro na Praza da Igualdade, na Gándara, e reunirá a participantes e público de todas as idades.
Esta nova parada do circuíto, organizada pola Federación Galega de Balonmán coa colaboración da Deputación da Coruña e do Concello de Narón, promete tres xornadas cheas de xogo, música, sorteos e animación, nun ambiente de convivencia e diversión pensado para toda a familia. A iniciativa ten como obxectivo fomentar o deporte e os hábitos de vida saudables, ofrecendo unha actividade aberta, participativa e inclusiva. A participación está aberta a todos os nenos e nenas que desexen gozar do balonmán dun xeito diferente. Mesmo quen non estea inscrito previamente poderá achegarse ata a instalación, falar co persoal da Federación e sumarse directamente aos partidos da Copa 5×5. A Federación Galega de Balonmán e o Concello animan á veciñanza de Narón e das comarcas próximas a achegarse e vivir esta experiencia única, que une deporte, convivencia e diversión nun mesmo espazo.

<<< Novembro 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
naron.gal