Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DE NARÓN REAFIRMA O SEU COMPROMISO COA SAÚDE RENAL E O APOIO ÁS PERSOAS DOENTES
A alcaldesa e a concelleira de Igualdade recibiron a representantes da asociación Alcer Coruña para avaliar novas vías de cooperación e reforzar o convenio vixente
A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, xunto coa concelleira de Igualdade, María Lorenzo, recibiu este xoves no Concello ao presidente de Alcer Coruña, Rafa Rodríguez, e á tesoureira da entidade, María José Brión. A reunión serviu para avaliar novas vías de colaboración e reforzar o convenio xa existente entre o Concello e Alcer Coruña, centrado na atención ás persoas con Enfermidade Renal Crónica (ERC) e na promoción da saúde renal entre a cidadanía. A través deste convenio, o Concello apoia o labor de Alcer Coruña, que desenvolve en Narón accións de sensibilización sobre doazón e transplante de órganos, obradoiros en centros de ensino, campañas informativas e atención directa a persoas con ERC e ás súas familias. A asociación traballa ademais na detección e análise das necesidades sociais das persoas afectadas, ofrecendo acompañamento e información especializada. En Narón, segundo datos de Alcer Coruña, hai preto de 4.000 persoas diagnosticadas de ERC, unha das principais doenzas crónicas no Estado: afecta a 1 de cada 7 persoas e podería converterse na quinta causa de morte en 2040, segundo a Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia. Estudos realizados por expertos en nefroloxía como EPIRCE e ENRICA-Renal estiman que a enfermidade afecta a entre o 10 e o 15% da poboación adulta española, superando o 20% entre os maiores de 60 anos, o que reforza a necesidade de impulsar políticas locais de prevención e acompañamento social. Durante o encontro, a alcaldesa destacou “a importancia de seguir colaborando con entidades que, como Alcer Coruña, poñen o foco na saúde e no apoio ás persoas con enfermidades crónicas”, e subliñou o compromiso do Concello de Narón “con programas que melloran a calidade de vida e fomentan a solidariedade a través da doazón”.

<<< Novembro 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
naron.gal